Muñeira do afiador

Brúa na serra un corisco de morte,
andan os mircos a oubear co frío,
xíase a oreta na xerfa do río
i o arredor sigue sempre o seu Norte.

Pica o Lourén máis que unha caimana
o suor decorre i empapa a guinea
i o arredor sin un folgo canea
bule que bule tras da tarazana.

Canta no chifre unha muiñeira,
arrinca faíscas a faiña que amola
e cando remata vaise cara a tola
para arromanar coa linda toleira.

Non hai pra iste home camiños estranos,
maquina de arreo todalas guchías
i as súas andolias ao longo dos días
avantan bariles polos meridianos.

Dalle así coa roda cen voltas ao mundo,
cambuza a diario tolas e meixúas
e despois de andare por todalas rúas
fúndese coa terra baixo un ceo de chumbo.


Berzas
Ben - Cho - Sey


Ilustración O afiador, de Federico Guisasola



Palabras da xerga barallete

mircos= lobos
oreta= auga
Lourén= Sol
caimana= cebola
guinea= cabeza
canea= anda
tarazana= roda de afiar
faiña= navalla
tola= taberna
arromanar= falar
toleira= taberneira
maquinar= andar coa tarazana
guchia= porta
andolias= pernas
baril= bo
cambuzar= mudar
meixua= pousada

Comentarios

Publicacións populares