Xa imos chegando a fervenza


Hai outras xeografías escritas nos libros, inventadas por homes e mulleres de grande imaxinación e un pouco tolos. Eses literatos que cando éramos nenos nos levaban lonxe, a terras estranas, habitadas por seres mitolóxicos. Polas nosas mentes pasaron exploradores, aventureiros, piratas, soldados, mulleres de temperamento, adoescentes namoradas, prisioneiros que fuxían, loitadores por un mundo mellor, santos, demos, asasinos, vítimas... Todos voltan e vánse según os nomeamos cando tentamos comparalos con nós. As nosas travesías non son de libro, pero tamén nos fan máis fortes cando dámonos conta que é o que hai, como esa fervenza enriba retratada no outono coas follas ao seu carón. Sobran as verbas para dicir que os mellores mundos están neste que nos toca vivir.

 Longa vida a nai natureza!

Fervenza, de Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares