O buscón

Semella que para traballar, hai duas posibilidades. Unha, de escravo. Outra, tendo millóns para comprar ou montar unha empresa. Pois neste mes primaveral, un anduvo da Ceca a Meca a ver si atopaba o que os meus paisanos chaman nada eufemísticamente un choio. Choio e ter un traballo e non vivir da esmola do desmprego. Peor é nada!, dirán os que lle atopan punta a todo. A merda eles e quenes os alentan!

Pois si, unha vez máis púxenme mans á obra. O primeiro contacto foi por medio das novas tecnoloxías, ese invento que no terceiro milenio nos vai a solucionar a vida a todos. Un correo electrónico é unha victoria as veces. Neste caso solo servíu para que me contestasen que non había diñeiro, que isto e aquilo, que tal e que cal, pero a burra e os dous reais non apareceron por lado algún. Boas palabras, e buscarse a vida doutra banda.


Outra banda, volta as novas tecnoloxías, que si patatín que si patatán, que si moi profesional, non o dudo nin eu xa de tanto repetilo. Moita experiencia e curtido en batallas. O mesmo laio de sempre, que non hai diñeiro, que volva usted mañá, é dicir nunca. Non hai posibilidades.


Sempre hai sitios, sitiños, eses os que se recurre no derradeiro momento, cando un xa desespera de tanta espera. Pois sí, contacto servido, pero pouco máis que teño que pagar eu para traballar; enriba de puta, a cama. Non hai unha solución para atopar algo no que traballar.


Eu sigo, ou haberá que facer igual que aquel buscón don Pablos “a ver si mudando mundo e terra, mellorará a miña sorte”, coido que non, iso era o que escribía no tempo do Barroco, cando aínda se podía ir as Américas, a miña familia o fixo durante xeracións, pero hoxe son os de alí os que veñen aquí. Volto as verbas de Quevedo e digo: “Poido estar apartado, mais non ausente”. A seguir chamando a todas as portas.

Comentarios

Publicacións populares