NON VER NUNCA O MAR

Pobo branco

Pendurado dun barranco
Dorme o meu pobo branco,
Baixo un ceo que a forza
De non ver nunca o mar
Esqueceuse de chorar

Polas súas quellas de po e pedra
Por non pasar, nin pasou a guerra
Só o esquecemento
Camiña lento bordeando a cañada
Onde non crece unha flor
Nin apacenta un pastor

O sancristán viu
Facerse vello ao cura
O cura viu ao cabo
E o cabo ao sancristán
E o meu pobo despois
Viu morrer aos tres
E pregúntome: por que nacerá xente
Se nacer ou morrer é indiferente



Pormenor da peza: Pobo branco
Joan Manuel Serrat
Fotografía © Sam Rock


Comentarios

Publicacións populares