






A Praza da Independencia de Vigo foi o escenario onde se representou unha actividade lúdica en recordo dos sucesos de marzo de 1809 que motivaron a saída da cidade das tropas de Napoleón despois de combates nos que perderon a vida uns 30 vigueses e un cento de franceses, segundo as crónicas da época.
Os vecinos, aínda con masiva presencia de pequenos, participaron onte la conmemoración da data pero sen o dramatismo de antano, mais sí con humor como corresponde xa a un acontecemento que permanece recollido nos libros de historia e nas lendas que se trasmitiron por vía oral. Ao fin de contas do que se trata con estes eventos é que a xente participe e se divirta. Como as pombas, que coa súa habitual desvergoña non dubidaron en ciscarse pola cabeza e corpo da escultura de pedra adicada a un dos mitificados heroes da Reconquista de Vigo.
Fotografías de Sam Rock
Comentarios