
A beira do río Karun soborda de flores
Cando alí sentan os namorados
Sobre as lanchas, lonxe das penas,
Cantan doces melodías sobre o Karun.
As mozas de Ahwaz saen das súas casas,
en grupos e con coquetería
Cos cabelos ao vento,
todas ledas e riseiras
Esveltas e fermosas todas de engaiolantes corazóns.
Gózase co arpa e a frauta e a copa de viño
Pásanse os días entre ledicias e mágoas.
Canción do grupo de Hamid Hossein que expresa sentimentos do Irán antigo e moderno. Adicada as mozas e mozos dese fermoso país.
Na orela do río. Fotografías de Sam Rock.

Comentarios