
Se digo balsaines lanzo mensaxes cifrados
ó estilo do Rosebud de Wells no cidadán Kane,
a contraseña válida, a clave, a chave mestra
para franquea-las portas das cousas compartidas,
dun tempo e dun espacio concretados nas formas
redondas e suaves, arquitectura morna,
dunha froita cálida, doce e amarela.
Balsaín blues
Domingo Tabuyo
Dúo de pavías. Fotografía de © Roque Soto
Fotografía de © Missy Jubilee
Comentarios