BARANDAS CON BALAGUSTOS
Tamén é totalmente de madeira o corredor. O seu piso é semellante ó descrito; as columnas de madeira ou esteos, destinados a soste-lo tellado, son cadradas ou ochavadas e rematan por riba en zapatas, lisas ou con molduras, mais sempre sinxelas.
Entre os esteos, vai a baranda con balagustos lisos, torneados ou facendo, por medio de listóns, diversos debuxos. Non tódalas brandas son abertas, pois non faltan algunhas feitas con tábaos que, por veces soben até o tellado convertindo o corredor nunha peza interior.
A casa
Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas"
Corredor dunha aldea do Courel. Fotografía de Sam Rock.
Debuxos de barandas de corredor, de Xaquín Lorenzo.

Comentarios