Outros enfoques

Outono Fotográfico é o nome dunha das actividades, por non dicir a máis importante, que define a traxectoria da Casa dá Xuventude de Ourense, un centro que cumpre con fartura aquilo de facer protagonistas aos mozos en diferentes actividades. No caso que toca é a fotografía, un ámbito que conta cun importante atractivo entre o citado sector da poboación. Así ano tras ano, o cartel do Outono Fotografico aumenta e expándese polas catro provincias de Galicia e ata se achega a Portugal. Na edición deste ano pódense visitar exposicións, participar en cursos, asistir a proxeccións e estar presentes en varias actividades, así como facerse co catálogo de 2009.
Falar do Outono serviría para estenderme en demasía. Xa que logo, invito á xente a que visite a seguinte dirección:

http://www.outonofotografico.com/


Outros enfoques achega dúas fotografías da exposición Dona interior, que estivo aberta a ao público na Librería Eixo de Ourense, do 2 ao 15 de novembro, e permence no Centro Comercial Pontiñas de Lalín, ata o 30 de novembro.

Según o comisario de dita exposción, Vitor Nieves: "Baixo as días palabras que da nome a esta mostra arengouse ás once participantes pedíndoselles que traballasen no más amplo senso do termo, por un lado a muller do interior do noso País, e por outro o interior da muller. Tam amplo é o eido que se lle para traballar como variadas son as propostas que nos fan.

A primeira fotografía pertence a Maribel Castro e leva o título Noctámbulos, que ten un que ten unha esencia urbana, case de filme, onde a privado é captado pola cámara, como fixese o protagonista de Rear window, de Alfred Hitchcok. A segunda fotografía vén de Rosa Veiga, que mostra un espazo inquietante do que se pode escapar.

Vaia un longa vida e saúde ao Outono Fotográfico, para todas e para todos os que traballan arreo cada ano co obxectivo de que a convocatoria mellore e manteña a súa cota de calidade. A lista é longa mais non podo esquecer de Benito Losada.

Comentarios

Publicacións populares