








Postais galegas
Castelao (1888-1950) ven hoxe a este espazo de marcado recoñecemento aos homes e mulleres que dalgunha maneira contribuen a recoller mediante imaxes a razón de ser dos habitantes de Galicia, coas súas ledicias e miserias. Desta maneira, o blog tamén se une a recordar o 60 aniversario do pasamento no exilio bonaerense de Buenos Aires, a outra capital galega que tanto nos une. En fin, hai queda unha pequeniña escolma da faciana artística de Daniel Alfonso Rodríguez, desde debuxos a pinturas que afondan nas ledicias e miserias doutros tempos, mais presentes nestes tempos de agora aínda que vestidas con outros roupaxes.
Comentarios