

Postais galegas
A cantante Maite Dono e o contrabaixista Baldo Martínez grabaron o disco Sons - Nús, dedicado ao poeta Uxío Novoneyra, e no que se recollen nove pezas que afondan no xeito novedoso que presenta hoxe a música galega e na que os dous nomes antes citados aportan unha aposta arriscada pero non polo menos suxerente e co sentimento que, como exemplo, despertan os catro poemas do rapsoda de O Courel: Chove, Hein d' ir, Calkafriu e Cumes mouros.
Como complemento á música, oestuche do CD incclúe o arte e deseño de Héctor Crehuet e Tomoto, de quenes se ofrecen as obras gráficas que acompañan aos poemas de Novoneyra.
Comentarios