Sensación
Irei, cando a tarde cante, azul, en verán,
ferido polo trigo, a pisar a pradaría;
soñador, sentirei o seu frescor nas miñas plantas
e deixarei que o vento me bañe a cabeza.
Sen falar, sen pensar, irei polos sendeiros:
pero o amor sen límites crecerame na alma.
Ireime lonxe, ditoso, como cunha rapaza,
polos campos, tan lonxe como o xitano vaga.
Poemas
Arthur Rimbaud
Rimbaud, mozo, no Grial. Fotografía de Roque Soto.
Dedicado a Mariña Soto
Comentarios