A casa do pasado
A chave produciu un tétrico son cando
xirou no fecho, e cando a porta se abriu sobre un vestíbulo baleiro, escoitei
estraños murmurios e choros, e o rozamento de teas, como de xente movéndose en
sonos, a punto de espertar. Entón, un espírito de gran tristura veu a min,
empapando a miña alma; os meus ollos comezaron a arder e no meu corazón advertín
unha estraña sensación, coma se algo que durmira durante anos se espertase. Todo
o meu ser, incapaz de resistir, rendeuse inmediatamente ao espírito da
melancolía máis profunda, e a dor do meu corazón, mentres as cousas movíanse e
espertaban, por un momento fíxose demasiado forte para expresalo en
palabras...
Algernon Blackwood
Comentarios