Centenario do nacemento de Eduardo Moreiras
Bodhisattva
Ouh, que beizos fermosos
no meu sono!
Antre follas soalleiras
aloumiñaban
os ollos do meu amor.
I as maus dondiñas
coma dous anxos tépedos
revoaban
nun murmurio lonxano
- a tan perto de min!
Cando a anguria estretece
coma un paxaro negro
o corazon tristeiro
in un vento aleivoso
brúa e teima
sobor da miña terra,
eu penso en ti, deitado
no bosque do meu sono
hastra finar de amor.
Os nobres carreiros
Eduardo Moreiras
Comentarios