Centenario de nacemento de Celestino Fernández de la Vega "Cilistro" 
(23 de setembro de 1914, Friol - Lugo)

Referíndome concretamente a Galicia, ese tipo de creación de prototipos de actitudes exemplares, de descubrimento de valores, como son a relación coa natureza, a percepción da natureza, a percepción dos saberes tradicionais, dos valores artísticos en xeral, creo que é unha tarefa desde o primeiro ensino deica a Universidade, porque a Universidade ten que facer eses tipos de saberes científicos, de transmisión técnica, de coñecementos da época, pero ao mesmo tempo debe ter unha dimensión de formación de homes exemplares.

CFV

Fotografías no Courel e a Mariña de Lugo © Emilio Blanco


Comentarios

Publicacións populares