Última lúa do verán

Achégate un pouquiño máis
Escoita o que che teño que dicir
Igual que dous nenos durmindo
poderiamos pasarnos a noite soñando

Pero está a saír a lúa chea
Imos bailar baixo a súa luz
Sabemos onde se escoita música
Vaiamos fóra e sintamos a noite

Porque sigo namorado de ti
Quérote ver bailar outra vez
Porque sigo namorado de ti
nesta última lúa do verán

Cando aínda non nos coñeciamos
Mirábate dende lonxe
Cando fomos amantes
Queríate con todo o meu corazón

Estase a facer tarde xa
A lúa está a chegar ao alto
Quero celebralo
Vela brillando nos teus ollos

Porque sigo namorado de ti
Quérote ver bailar outra vez
Porque sigo namorado de ti
nesta última lúa do verán.



Neil Young


Harvest moon, fotografía de © Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares