Julio Tizón Diz, pintor


O pintor e amigo José Corral Díaz (Clarés de Ribota - Zaragoza, 1918 - Ourense, 2004) introduciume na arte do seu colega de profesión Julio Tizón Diz (San Cristovo de Cea - Ourense, 1917 - Ourense, 1999). Entón, do segundo soamente coñecía o debuxo do Moisés, de Miguel Ángel, realizado ao carboncillo e carbón composto, obra colgada na Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, lugar no que se organizou unha exposición do curso 1987 -1989 en homenaxe a Tizón, quen preparaba o retorno desde Estremadura a terras ourensás. En febreiro de 1989, con motivo dunha mostra dunha vintena dos seus cadros no Ateneo ourensán, entrevistei o pintor que debido á súa xordeira de nacemento contestoume por escrito ás miñas preguntas.

Daquela entrevista quedei coas seguintes palabras sobre as súas motivacións á hora de debuxar ou pintar: "Todo o que ten sentido, o que acariña a alma, pasa polo meu corazón e acelérame as mans. Nese instante nace a miña obra. A vea artística desenvólvese tan só camiñando cada día dentro dun mesmo".

A arte sempre é mellor observala, escoitala, mesmo palpala, por iso non me estendo en divagaciones sobre a biografía e o legado plástico de Julio Tizón. 

Da súa obra plástica recupero unha pequena antoloxía que de seguro agradeceran os que teñen a capacidade de admirar a beleza.



Moisés -1933- Carboncillo e carbón composto







Unha rúa de Albarracín -1945- Gravado ao aguafuerte








Torres de Santiago -1945- Carbón








Néboa -1945- Óleo






Camiño de Vilela -1947- Óleo







Ría galega -1947- Gravado ao aguafuerte







Pormenor do cadro Aldea nevada -1948- Óleo







O meu pai -1948- Óleo







Xogando na praia -1950 - 1951- Óleo







Máscaras -1954 - 1955. Óleo







Peregrinación de mulleres -1957- Acuarela








Cabeza de Eduardo Barreiros -1957 - 1958- Lapis sobre papel 








Unha rúa -1957-  Temple sobre papel







Amándose. Temple sobre papel







Vórtice ou espiral. Temple sobre papel







Portada da revista Barreiros







Castigado -1973- Óleo







Inverno I. Óleo







Barrio -1985 - 1987- Óleo







O meu alumniño -1987 - 1988- Óleo







Entroido -1991- Acrílico








Magosto -1991- Acrílico








Pulpeiras 2 -1996-







O mercado -1998- Óleo

Comentarios

Publicacións populares