XOSÉ ESTÉVEZ E MANUEL MARÍA: UN CANTO DE AMIZADE E AMOR AO VAL

 Vilas Literarias: Quiroga 






Xosé Estévez e Manuel María: un canto de amizade e amor ao val 

 'As pombas, de voo pacífico e sotil, percorrían as campías primaveiras, pescudando a fartura do grao'. 


Os devanceiros do Manuel, no Hospital, enxugaron bágoas, sandaron feridas fartaron fames e mataron sedes dos pelengrís de Santiago. Os pazos do Val: A Veiguiña, San Martiño, Lamela, Navín e Hospital brincaban nas páxinas das comedias valleinclanescas e rebordaban as cataratas verbais das novelas outerianas de Trasalba. A Rodela remesaba a modernidade da lus eléctrica que escintilaba na penumbra como estrela aguniante, namentras a lareira acesa nas noites de invernía dibuxaba facianas leonardescas nas mouras paredes da cociña. 



Estas e outras andainas xurdían desvariadamente no meu maxín co gallo da lectura destes inesquecibles poemas. Decateime de que elas basearon os alicerces da estrutura vital miña e da miña xeneración. Elas enxergaron a galeguidade que se fixo integral e conscente no acocho da amistade co bardo nacional galego Manuel María e a súa inseparable muller Saleta. 

Agora, tribu de meu: xa non podes durmir, bicada polo Sil, pois xa tes un valedor! O gran bardo de Galicia púxolle letra á túa voz pois el tamén sentiu a fonda chamada do bisabó e da aboa. Se boa é a terra mellor é o cantor! 



Xosé Estévez, Pepucho
Limar de Sonetos ao Val de Quiroga. 

Comentarios

Publicacións populares