Autobiografía

Acolá fóra, na rúa
lémbrome de ter escoitado nenos,
pesía ao ruído
de latas, de cazo, de liortas.
Eles tiñan o seu mundo, 
su soio meu cuarto.
Somentes os envexaba
polo longo día soleado
das súas vidas
e polos seus pais.
Eu, non coñecín o meu.


Medro,
e non precisamente dereito,
que ás vegadas bótome pra adiante,
pro nunca deica a ponla máis baixa,
e aprendín a amar o cheiro
dos corpos daqueles que me queren,
tanto como teño amado as lilas.


Algunha vez leo esquelas
nas vilas polas que paso,
co espranza de atopar un home
cuio nome se ecriba coma o meu.
Se morreu, saberei onde viviu,
ou se viviu.


En definitiva,
as cancións que canto
son invento de meu.
Son o espello do que me foi pasando
dende que me abandonaron meu pai 
e mailo amor.
Fico soio
metido en mi mesmo,
a ninguén lle impoño o meuy pensar
-as verbas todas deste libro
escribinas para min soio, 
agás unhas poucas que compuñan unha carta
pra un amor xa ido
que viviu en Stanyan Street-,
pro quixen gardalas
e agora dounas aquí
e aqués nos que confío que comprendan.




Stanyan Street And Other Sorrows
Rod McKuen

Versión de Álvaro Cunqueiro


Comentarios

Publicacións populares