Sokolinez

A néboa alzara e o aire era case limpo e parecía máis suave. Ata o norte e enriba da cadea de oquedades cruzaban espectrales e rápidas nubes baixas. Parecía coma se alguén respirase na noite fría e que o seu hálito, condensado en vapores, cruzase polo horizonte. Os incertos escintileos dunha aurora boreal iluminaban ás petadas o ceo movedizo.


Dominado por un sentimento estraño de morriña, permanecín algún tempo sobre o tellado da  miña vivenda, contemplando aqueles afastados fulgores. Ante min estaba a noite, en todo o seu xeado apoxeo feito de sombras e desconsuelo.


Siberia

Vladimir Korolenko

Debuxo de R. Riera Rojas

Comentarios

Publicacións populares