Pessoa
Todo arte é unha forma de literatura
A crise de fin de século como non podía ser doutra maneira produciu en Portugal unha convulsión non soamente a nivel social, senón tamén no eido cultural. Entre outras circunstancias, hai que ter en conta que Portugal xa no século XX ampliou o sufrimento da poboación coa entrada do país na I Guerra Mundial, 50.000 mobilizados, dos cales 10.000 morreron en combates contra os alemáns. A alianza cos vencedores propiciou un escaso rédito para a poboación en xeral, cuxa crónica miseria en varias rexións do país ibérico remexeron sensibilidades e, por tanto, aceleraron o proceso de cambio cara a novas formas non só no político.
Retrato de Pessoa feito por José de Almada Negreiros
O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid acolle ata o 7 de maio a exposición titulada Pessoa. Todo arte es una forma de literatura, evento que leva ao público visitante ao territorio da vangarda portuguesa -pintura, literatura, prensa, cine e fotografía- da man dunha das figuras máis representativas da cultura do país veciño: Fernando Pessoa (1888-1935), protagonista de indubidable influencia nos movementos artífices das novidades que se produciron na cultura portuguesa das tres primeiras décadas do século XX.
Adriano de Sousa Lopes
Un
total de 160 obras de arte, visual principalmente, é dicir, pintura,
debuxo e fotografía, de 20 artistas aproximadamente, e diferentes
documentos orixinais de coleccións públicas e privadas de Portugal
e Francia, serven para probar como Pessoa e intelectuais e creadores
do seu tempo renovaron a arte desde a esencia da raigaña popular do
seu país, sen grandes adhesións aos movementos vangardistas que
proliferaron a partir do final da II Guerra Mundial.
Iso
non quere dicir que obviasen movementos como o cubismo e o futurismo,
entre outras correntes artísticas que estudaron fondamente. Os seus
rastros percíbense en varias das obras expostas no Reina Sofía.
Cristiano Cruz
Pessoa
desenvolveu na súa literatura esa esencia antes mencionada mediante
tendencias propias que levaron o nomes de paulismo,
interseccionismo
e sensacionismo.
Estas correntes son a base da exposición, pois non se limitaron aos
textos dos escritores de vangarda, porque chegaron con forza ás creacións pictóricas e á arte escénica.
Jorge Barradas
Americo Amarelhe
Guilherme de Santa Rita
Amadeo de Sousa Cardoso
Eduardo Viana
Sonia Delauny
Robert Delauny
Mário Eloy
Abel Mantas
Julio dos Reis Pereira
António Carneiro
Revistas
Narrativa con ilustración portuguesa
Artes escénicas
Creación de Almada para lanterna máxica. La tragedia de doña Ajada
Un dos paneis de Almada para o Cine San Carlos de Madrid
Revista Blanco y Negro
Portada de Almada para la revista Blanco y Negro de 16 de junio de 1929
Página con dibujo de Almada. Blanco y Negro de 25 de enero de 1931
Cine
Parte do documental Doro, faina fluvial (1931), de Manue de Oliveira
Conversa acabada (1981), de João Botelho
Comentarios