CANCIÓNS E XOGOS PARA OS PEQUENOS



Xogos iniciáticos

En xeral son xogos dos nenos pequenos, pero dirixidos en colaboura do adulto. Vamos sinalar algún deles.


Tantarantán, tantarantolas (1)
o que non come non ten barrigolas.

Ben sexa antes, coma despoixa de comer, pódeselle recitar iste verso o neno o tempo que se lle fan cóxegas na súa barriga.


Arrurú, ca tranca no cú.
Arrará, ca tranca pra cá.
Errirí, batereiche eiquí.

(Variante)

Arrurú, ca tranca no cú,
morreron os vellos
e quedamos eu e "tu".

Estas estrofas recítanse o arrular o neno pra que durma, facendo ademán de baterlle no cú.


Cu, cu
cu, cu
eu vexote
vesme "tu"?
Cu, cu...

O adulto, facendo que se esconde, dillo o neno pequeno de arredor dun ano. Pero o ter un ano e medio, xa é il o que fai o "cu, cu" o mesmo tempo que se esconde.


Man morta, man morta
bate na túa porta. (Repítese...)

Colleselle o brazo ao neno, e o ter a man morta, cando esté distraído, dáselle con ela na cara ou na testa. 


Puño, puñete

Tódolos participantes colocan os puños alternativamente uns encima dos outros. Un deles deixa unha man libre, que é o que vai preguntando, sinalando o pùño máis debaixo, ata chegar o do alto, producíndose o seguinte diálogo:

que é iste?
—puño, puñete.
E iste?
—puño, puñete.

...
E iste (No último puño)
—arquiña cerrada.
Que hai poer dentro?
-pan e formento
que hai por fora?
pan e miola.
Que dixo o rei cando marchou?
—Que devanáramos sete meadas
e o que primeiro rira que se lle dén
sete palmadas e un muxicón.
Enviolar, enviolar
o que se ría ha de pagar.

Niste momento empezan tódolos nenos a facer que devanan cás máns o cós brazos, facendo toda clase burlas, tonterías e toleadas, pra ver quen é o primeiro que rí, pra lle dar o castigo imposto polo rei. O castigo que se lle aplique pode ser distinto de cada vez.


O quentamans

Os nenos, xunto cos adultos, van colocando alternativamente as mans estiradas unhas enriba de outras, colocándoas na mesa. Aquil que toca ca man no fondo, sácaa e colócaa no alto do montón, dándolle unha palmada a quen ten debaixo. E así cada un vai sacando a man do fondo e colocándoa no alto. O mesmo tempo pódese dicir:

Que medre o montón
que poucos son.

Este é o dedo meniño
este é o seu sobriño,
este é o pai de todos,
este é o fura bolos,
e iste o mata píollos.

Fonte: José Pérez Ballesteros: "Cancionero popular gallego". Madrid, 1886.

O neno pequerrecho, de arredor dun ano, vánselle collendo os dedos un por un, dándolle un pequeno tirónh o mesmo tempo que se recita o verso.

Rou, rou
depinicou,
"tu" que vas
i eu que vou
tras da casa
da tía Inés.
Marcha tú
que che toca a vez.

Pónselle os dediños do neno todos horizontais. O mesmo tempo que se recita, dáselle un pequeno muxicón en cada un dobrando o que lle toque según a fórmula do rou, rou, ata que só queda o último.

Este queixo, queixolán
Esta boca pide pan
Este naris, narisete.
Este ollo pipirete.
Este outro seu irmán.
Esta frente, frentolán.

Fonte: Bouza Brey. F: "Xogos iniciáticos infantiles de Galiza". Revista de Etnografía. Tono nº 1. Porto. 1963.


Esto recítase, facéndolle cóxigas o rapaz polas distintas partes da cara que se van nomeando.

—Esta leiriña é túa?
—É
—E esta?
—Tamén
—Arranquemos logo este marquiño.

Fonte: Bouza Brey, F: "Xogos iniciáticos". Op. ci.


Sinalase cun dedo na cara, dun lado e doutro, e o remata-lo diálogo, dáselle un tirón no narís, facendo que se lle arrinca. 

Esta é a noite,
este é o día,
este é o cú
da tía María.

O adulto pon a palma da man estirada. E ó recitar, ensinaa alternativamente por un lado e polo outro. O chegar a "o cú da...", pegalle azoutes o neno. 

Que hai naquil tellado?
—Un gato esfolado.
—Que hai naquela artesa?
— Unha vella tesa.
—Que hai naquela escaleira?
—Unha vella peideira.
—Que hai naquela buratiña?
—Unha campaniña.
—E como fai?
—Tin, tilintin, tin, tilintin!

Cada vez que fai unha pregunta, o adulto vai sinalando para un lado. E ó chegar o "tin, tilintin, zangolealle unha orella o neno coma se tocara. 

Pola chiminea arriba
vai un foguete
i ó que se descuida
caille un cachete.

Fonte: Francisco Lanza: "Falan os de Ribadeo". Ediciós do Castro. A Cruña. 1964.


Faiselle distraer o neno mirando pra riba, entón dáselle un pequeno cachete ou sopapo.

Soniño, sono
vente a iste ollo,
pouquiño a pouco
vénteme a istoutro.

Fonte: Vicente Risco. OP. ci.


Recítaselle o neno cando se lle abre a boca, facéndolle cóxegas cos dedos nos labres.

Miña boca que te abre
con ganiña de te abrir
ou é sinal que tes fame
ou é que tés que durmir.

Fonte: Juan A. Saco y Arce: "Literatura popular de Galicia". Boeltín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense.


Recítase poupeando o neno na rodilla do pai, é propio do tempo do Nadal.

Asserín, aserrán
os madeiros de San Xoan
piden queixo, piden pan.
Os de Roque, Afandoque,
Os de Rique, Alfañique,
Os de Trique, Triquitrán.
Triqui, triqui, triqui, tran!
Triqui, triqui, triqui, tran!

O adulto colle as mans do meniño de un ou dous anos e levántalle e báixalle os brazos ritmicamente, semellando estar serrando. Ó chegar o "Triqui, triqui", desfaise o compás, movendo os brazos moi rapidamente para que o neno acabe rindo. O xogo repítese tantas veces como o neno queira.


Iste verso é para lle explicar ao neno o proceso do crecemento e recolleita do trigo, facendo os xestos apropiados para cada paso e época.

Marzo, espigarzo;
abril, espigas mil,
maio, froleado;
San Xoán, granado;
Santiago, foucino ó rabo;
pola Santa Mariña,
metido na arquiña.

Fonte: Isaac Rielo. Op. ci


Os xogos dos nosos rapaces
Camilo Brandín Feijóo

1ª edición. Diciembre 1986
© Caixa Ourense

Debuxo de Xaime Quessada
Portada do disco Abiyoyo and Other Story Songs for Children, de Pete Seeger, (Folkways Records 1967), pasada a lapis.

Comentarios

Publicacións populares