Capas

In My Own Time (Just Sunshine Records) 1969
Karen Dalton
Portada: fotografía de Elliot Landy


Karen Dalton (1937 - 1993) cantante e instrumentista nada despreciable de guitarra de 12 cordas e banjo, constitúe unha singular artista nada á calor da música tradicional con parada no Greenwich Village, barrio de Nova Iorque no que mantivo a súa adhesión folk dentro dun círculo novo no que estaban, entre outros, Bob Dylan, Joan Baez, Richie Havens ou Fred Neil. En 1969 poñíase á venda o seu LP titulado In My Own Time, último en vida de Karen, quen para a devandita entrega de longa duración collía prestadas cancións de outros autores de diferentes xéneros en alza naqueles tempos finais da década de 1960. 

O inconfundible ton de voz, que serviu para comparala con Billie Holiday, pon cor e calor a pezas de resonancias pop, soul, Tamla, blues, jazz, folk e country, así como un par de cancións tradicionais nas que se percibe sen ambaxes a destreza de Karen á hora de tocar, cantar e levar a súa leira composicións populares. Para o seu segundo disco grande escolleu Katie Cruel e Same Old Man, mentres que na parte máis actual aparecen composicións de xente máis ou menos contemporánea da cantante nada en Texas e afincada en Oklahoma, como Dino Valenti, Richard Manuel, Paul Batterfield, Holland - Dozier -Holland, Andrew Wright e  Calvin Lewis e Richard Tucker, que foi marido Karen durante un tempo.


Cancións: Something On Your Mind. When A Man Loves a Woman. In My Own Dream. Katie Cruel. How Sweet It Is (To Be Loved By You). In A Station. Take Me. Same Old Man. One Night Of Love. Are You Leaving For The Country.


Músicos: Karen Dalton (banjo, guitarra de 12 cordas e voz), Richard  Bell (piano), Harvey  Brooks (baixo), Amos Garrett (guitarra), John Hall (guitarra), Daniel Hanken (guitarra), Bill Keith (pedal steel guitar), Ken Pearson (órgano), John Simon (piano), Bobby Notkoff (violín), Hart McNee (saxofón), Robert Fritz (clarinete), Marcus Doubleday (trompeta), Denny Seiwell (batería), Gregg Thomas(batería) e Dennis Whitted (batería).


Máis portadas: It' s So Hard To Tell Who' s Going To Love You The Best (1969). Cotton Eyed Joe (2007) -gravacións en directo de 1962-. Green Rocky Road (2009) -gravacións recollidas entre os anos 1962 e 1963, inéditas-. The Karen Dalton Archives Box (2020).


Apunte: Remembering Mountains: Unheard Songs By Karen Dalton (Tompkins Square) 2015 é o nome do disco dedicado a memoria de Karen Dalton, unha sentida e oportuna homenaxe a guitarrista e cantante de Bonham.

recordatorio ten como protagonistas á hora de cantar a coñecidas donas dos eidos folk, pop, rock, americana, indie, que acentúan a saudade e a desolación que a propia Karen daba tanto a súas cancións como as que recolleu doutros autores. En total son 11 pezas recuperadas para unha pequena escolma de textos escritos por Dalton que rexurdiron co talento, entrega e forza que a cantante amosou nos seus discos e actuacións en directo.








Comentarios

Publicacións populares