COA DELICADA MAQUILLAXE BEIGE
A gabardina
A gabardina
oculta as cicatrices coa delicada maquillaxe beige.
Pode camuflarte nunha insulsa velada.
É práctica para desaparecer sen ser observada.
Longa
agocha as tatuaxes da carne
e as viaxes que envellecen nos calendarios.
Ten a alma lixeira dun ánxelus que desfila
protexe
e burla a persecución.
Pode incluso interpoñerse en calquera xuízo final.
Novembro
Pura Tejelo
Imaxe sobre un fotograma do filme On the beach, de Stanley Kramer.

.jpg)
Comentarios
Gosto do título.
Gosto deste fantástico blogue.