VEXAMOS COMO CHEGA O SOÑO
Como o tempo fará ríxidos os nosos corpos
Nun só soño, satisfeita a fame, o corazón roto
Igual que unha botella abandonada por ladróns
Amada, ata que os nosos beizos atópense, inclinados
Os nosos rostros moi xuntos, os ollos pechados
Alá fóra
detrás desta xanela onde as ramas axítanse
no delicado vento, onde os paxaros fatigan as súas ás
Dentro dese aire tolleito, amor, estamos a morrernos
Vexamos como chega o soño e crucemos os dedos
a través do alento que imos exhalando
Vivindo, podemos amar aínda que a morte aproxímese
É o seu desesperado tarareo o que non debemos escoitar
Temos que aferrarnos, non morrer agora que estamos abrazados
Kenneth Patchen
Fotografía Vivian Maier
Comentarios