PERDIDOS DE ANTEMÁN
Quedamos esgumiados
entre esas conxeturas
de turbia entemeñada
sen nada en flor que poida conxugarnos.
Perdidos de antemán,
imos a culatazos con voz de parabéns
sen lúas acendidas.
Só latexa a puchanca de escentileo táctico.
A baixamar arrastra
tódolos agoiros
coas arterias tronzadas,
e unha lexión de sombras requisa o vibradoiro
que se atreveu ó ritmo.
Sen rumbos,
noite a noite desfiañan o sexo.
O rol de Cantárida
Eduardo González Ananín
Fotografía de Wilmer Feo
Comentarios