AS MIÑAS COITAS DE VAGAR

 

Muíño

Fálame ti, vello muíño,
meu bon albeiro proletario,
cobillo de amores á beira da fonte...
Dime se a miña saudade pode medirse en celamís,
ou se cómpren, talvez, ferrados enteiros,
ou se, polo contrario, se necesitan fanegas ás picaroladas.

Fálame e moe (ó mesmo tempo) as miñas desventuras
-canda o trigo dos barudos labradoresata trocalas nunha cousa útil e de proveito.

Fálame e rilla as miñas coitas de vagar,
convérteas en fariña de primeira,
para que vaian dereitas ás artesas campesinas.
¡Que non hai maior bremanza, compañeiro,
ca vivir en soidade mesta,
(como eu vivo hoxe),
ca amar a unha muller pérfida,
(como eu amei onte),
ca sufrir tormento e martirio,
(como eu sufro decote).

Nos eidos da bremanza
Fiz Vergara Vilariño
Pintura de Antonio Martínez "Cachi"

Comentarios

Publicacións populares