MAN QUE SUXEITA


A muller de fume

Home que me bicas,
hai fume nos teus beizos.
Home que me cingues,
vento hai nos teus brazos.

Pechaches o camiño,
eu seguín de longo;
alzaches unha torre,
eu seguín cantando...

Cavaches a terra,
eu pasei amodo...
Levantaches un muro
Eu funme voando!...

Tes a frecha:
eu teño o espazo;
a túa man é de aceiro
e o meu pé é de raso...

Man que suxeita,
pé que escapa brando...
Frecha que se tira!...
(O espazo é ancho...)

Son o que non queda
nin volve. Son algo
que disolto en todo
non está en ningún lado...

Pérdome no escuro,
pérdome no claro,
en cada minuto
que pasa... Nas túas mans.

Fume que se crece,
fume fino e longo,
crecido e xa roto
sobre un ceo pálido...

Home que me bicas,
o teu bico é en balde...
Home que me cingues:
Nada hai nos teus brazos!

Dulce María Loynaz

Pintura de Christopher Richard Wynne Nevinson

Comentarios

Publicacións populares