PAÍS DO RÍO
Chegou dende o mar
Chegou dende o mar a noite, saíu o crecente de parte de terra, e asomáronse ás súas xanelas as tremelucentes estrelas. O vento caera, e soamente se escoitaba o xogo das ondas entre as rochas.
...
...
...
Estes eran dous outeiros xemelgos, que separaban a mariña propiamente dita do país do río, e se na cara que daba ao mar, como varrida polo vento salgado, aparecían desertos con grandes calveiros cheos de area e cavorcas núas de paredes, onde capas avermelladas alternaban con outras de cantos rodados, pola banda do río era un país de bosques mestos que os nativos chamaban a Selva.
...
...
...
Un home que se parecía a Orestes
Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
Comentarios