POMBA NAUFRAGADA
Mastro de amor e dor
Mastro de amor alcei o meu navío
e verei o teu mar de sono frío.
e verei o teu mar de sono frío.
O teu ceo de luz arrebatada,
cinsa de estrelas, pomba naufragada.
Esgazado verdor entre as silveiras,
gromo de flor que envexan as cerdeiras.
Vés cara a min, tremante de tristura,
ó meu pouso de dor sen pechadura.
Chegas por este amor que nos abrangue
amasado e querido no meu sangue.
E pós no teu ronsel unha esperanza
e nos meus ollos pós amarguranza.
Ave xangal, namoro dos meus ósos,
leme do vento nos camiños nosos.
Vés cara a min e chegas coma un río.
Chegas do fondo do teu sono frío.
(Mastro de dor alcei no meu navío).
Víctor Campio Pereira
Imaxe de That day, On the beach, 1983, dirixida por Edward Yang.
Imaxe de That day, On the beach, 1983, dirixida por Edward Yang.
Comentarios