A DÚBIDA O SANGUE DISPAROS


historias de guerra

a poboación de veteranos creceu
entre familiares  no traballo
en hospitais  nas rúas
nunha lista de suicidas  en cemiterios

—grazas por servir ao patria
apertón de mans
—a cantos mataches?

a mirada sae en busca
  ​​ ​pérdese na escuma de axitadas augas
un  eu mesmo
as historias de guerra
cóntanse con espiñas na garganta
non pretenden instruír ou moldar a conduta
os seus detalles embázanse​​ 
os sucesos estalan​​  
 fragmentos   filloputa
  péchanse os ollos  ábrense 
a dúbida​​  o sangue      disparos​​ 
onde  onde  o valor
disparos​​  disparos

ao levantar a rede da memoria​​ 
chapinan entullos no seu propio sangue​​ 
respírase o adictivo cheiro a pólvora​​ 
sen poder recrear o cadro exacto

as historias de guerra
levan a confusión militar da xerga​​ 
e o intransferible peso da palabra amizade
levan o cheiro a carne
abrasada pola morte

as historias de guerra
escóitanse coas vísceras​​ 
levan o zunido dun escuadrón de moscas
patrullando feridas
falan de seres ordinarios capaces​​ 
 do extraordinario e o inhumano​​ 
en circunstancias erradas
e quizá  quizá​​   moi no fondo
levan      ​​ ​​ ​​ ​​ ​​ ​​ ​​ ​​​​ o silencio dunha insignia

 

Alain Pallas

Comentarios

Publicacións populares