MONUMENTOS IMPERECEDOIROS

Navegando a Bizancio

I

Ese non é un país para vellos. Os mozos
Uns en brazos doutros, como paxaros en ramas,
—Aquelas xeracións agonizan— no seu canto,
Fervenzas de salmóns, mares repletos de atún,
Peixes, carne e aves, enaltecen o longo verán
Todo o que é procreado, nace e morre.
Atrapados nesa música sensual todos descoidan
Os monumentos imperecedoiros do intelecto.

II

O home vello non é senón un farrapo
Un abrigo farrapento con bastón, a menos que
A súa alma aplauda e cante máis e máis forte
Por cada engurra na súa pel de mortaxa.
Non hai escolas para o canto, salvo estudar
Monumentos en toda a súa magnificencia.
E por iso naveguei os mares e cheguei
Á sacra cidade de Bizancio.

III

Oh sabios inmersos no lume sacro
Como nos mosaicos dourados dun muro,
Saian do lume sacro, veñan en trebóns,
E sexan os mestres do canto da miña alma.
Consuman o meu corazón; enfermo de desexo,
E atado a este animal moribundo
Que nin sabe o que é. E acóllanme
No artificio da eternidade.

IV

Unha vez fóra da natureza nunca tomarei
A miña forma corpórea de nada natural,
Senón aquela que creou un ourive grego
De ouro chapado e bañado en ouro
Para manter esperto un somnolento Emperador,
Ou posto a cantar nunha rama dourada
Aos señores e ás damas de Bizancio
Sobre o que pasou, está a pasar, ou virá.

William Butler Yeats
Pinturas de Ivan Konstantinovich Aivazovsky

Comentarios

Publicacións populares