ALGO BERROU

 

Eros

Máscaras e máis máscaras! Hai que cegar a Eros!
Quen seu rostro radiante aturar pode
cando el, coma un solsticio de verán, vén
o preludio a romper da primavera?

Hai de sotaque un cambio na conversa
todo se torna serio...Algo berrou...
E él bota sobor deles  —cal se fora
o interior dun templo— un tremor inefable.

Ai perdidos de súpeto, ai perdidos!
Moi axiña se abrazan como deuses.
Xa a vida se torceu, nace o destino.
Dentro queda chorando un manancial.


Rainer María Rilke
Traducción de Xosé María Díaz Castro
Pintura de Egon Schiele

Comentarios

Publicacións populares