MORRÍN CEN VECES

Agora que xa non son máis nova

Agora que xa remonto a metade do camiño da miña vida,​​ 
eu, que sempre apeneime das xentes maiores,
eu, que son eterna pois morrín cen veces, de tedio, de agonía,
e que alongo os meus brazos ao sol nas mañás e adormezo
nas noites e cántome cancións para espantar o medo,
que farei con esta sombra que comeza a vestirme​​ 
e a desposuírme sen remorsos?
Que farei co confuso e turbio río que non atopa o seu mar,
con tanto día e tanto aniversario, con tanta mocidade ás costas,
se aínda non nacín, se aínda hoxe cábeme
un mundo enteiro no costado esquerdo?
Que facer agora que xa non son máis novo
si aínda non che coñecín?

O fío dos días
Piedad Bonnett
Debuxo de Jan Toorop

Comentarios

Publicacións populares