ABSORTA NUN PENSAMENTO
Beata Beatrix
Tenue, velada polo soño divino
que insuflou na alma do seu poeta
unha secreta e anguriosa
paixón mostra o seu rostro supino.
Xorde da sombra e unha lenta mañá
chóvelle entre as mans unha queda
luz que o corazón tranquilamente aquieta
e embranquece o seu rostro alabastrino.
Absorta nun pensamento ela o amor
do medorento mozo non sente,
baixa os ollos o rostro raptado,
o rostro que tende a un infinito
dor, cambia resignadamente
e un pombo pousa no seu colo unha flor.
que insuflou na alma do seu poeta
unha secreta e anguriosa
paixón mostra o seu rostro supino.
Xorde da sombra e unha lenta mañá
chóvelle entre as mans unha queda
luz que o corazón tranquilamente aquieta
e embranquece o seu rostro alabastrino.
Absorta nun pensamento ela o amor
do medorento mozo non sente,
baixa os ollos o rostro raptado,
o rostro que tende a un infinito
dor, cambia resignadamente
e un pombo pousa no seu colo unha flor.
Cesare Pavese
Pintura de Dante Gabriel Charles Rossetti
Comentarios