QUE A VERDADE VEÑA
Poema da espranza
Neno galego
Se o sol non alumea, berra polos camiños.
Se a porta está pechada empuxa cos cotelos.
Neno galego
Se alguén te engaña, loita pra que a verdade veña.
Esixe a túa terra sen door de homes famentos.
Neno galego
Cúspelle ós ollos porcos dos homes farturentos,
maldí a quen te aldraxa e ponte sempre ergueito.
Neno galego
Non tremas nin te acouges.
Mañán é outro día.
Non hai mal que cdn anos dure,
nin cristo que os resista.
Un tempo de sol a sol
Manuel Lueiro Rey
Pintura de Jules Bastien-Lepage
Comentarios