CANSAZO NA HERBA
"Aber wohl sind ih nen bekannt die verödeten Gassen
Und die trauernden Gärten"
F. Holdërlin
"tristis es? indignor quod sim tibi causa doloris"
Ovídio. Tristium,IV.3.
Coñecen a beleza daquilo que perece;
a música, as ruínas dun xardin en outono,
a humidade dos libros en que se perde o tempo
e agardan entre a areia a chegada do mar.
Tamén senten nos ollos o peso das memórias,
infáncia non tiveron para encher os seus días,
somente a densidade do cansazo na erba.
Pido unha noite intacta para os seus torsos fríos,
unha núben imóbel para o seu abandono.
Atados como deuses ao máis fundo da noite
da decrépita luz do ocaso
unha voz ven
que atravesa o páramo e me busca.

É un designio que estaba neste corpo de meu.
O corpo e as sombras
Eusebio Lorenzo
Pintura de Georges Valmier
.jpg)
.jpg)
Comentarios