COAS ÁS RACHADAS


Xa non quedan antídotos

Andamos a puro machadazo
por estes parapetos
inmolando a perceptibles.
Hai un idioma entre dúas datas
que perdura na paz dos energúmenos.
Está o roce dalgún labio sensible 
nesta letra que aínda non secou
para orienta-los nomes combativos?
Destitúen xestos disímiles.
Coas ás rachadas
tentámo-las alturas
sen atingui-lo revoar do moucho.
Apláudese ó que soubo rouba-lo sol
e acubillarse en tratadistas
de credo e zapa.
Por que hai tantos convictos
nunha soa peripecia?

Xa non quedan antídotos para as unllas.


Rol de cantárida
Eduardo González Ananín
Pintura de Francesco Orazzini

Comentarios

Publicacións populares