RECITAS DENDE A FOLLA ONDE FULGURAS
O vagalume
A carón da fonte
na soma longal
fai o carreiriño
lume de vagar.
Lume de vagar
vagariño vagalume,
teu segredo interior aloumiñado
ao pé da i-auga docementes brila:
Luce a folla caíndo como un aza
e a fontenla canta o seu gurgullo
bafío de auga nova;
caen na xerfa maína solermiños
outos choros de lúa;
tí vas dando o silenzo da túa soma
á soia luz vertida,
d-ista xiada luz que vai na noite
á soma d-isa luz que és no día.
Dependuras na fina voz do sono
o derradeiro laio.
Recitas dende a folla onde fulguras
tua paixón negativa.
Que ninguén hachará en cinza tornada
a man que che aloumiño.
E túa soma toda, o brilo é
indo á soma do brilo
cal silandeira bágoa miragrente
que zuga e mana da silveira escura,
e cando pensas xa na luz quedarte
caes na luz durmido.
Manuel Cuña Novas
Fotografías de Radim Schreiber e Lindsey


.jpg)
Comentarios