UN VISLUME DE LUCES
feríame a feroz melancolía.
Quizáis era a nostalxia
da terra tenramente
azaneándome.
Unha estrela na azul tinta do ceo
tamén me azaneaba misteriosa.
Un vislume de luces
e de sombras,
de corpos entre as ondas evasivos
remolcaba as escumas
antre o ronsel voráxin do navío.
Nas próvidas soedades
vin nacer unha flor como tremando,
na outanoite fondísima apousada.
E soñéi con estrelas. Nebulosas
caíndo de aló enriba como lúas
sobre a curva do mar.
Axonlleime
na solitaria proa acubillada.
Man que escribiu no mar
Pura Vázquez
Fotografía de Yusuf Çelik

.jpg)
Comentarios