A HISTORIA MÁIS ANTIGA
Non molestes ao espírito da terra
Non molestes ao espírito da terra que vive aquí. Traballa nunha historia. É a historia máis antiga do mundo e é delicada, cambiante. Se te ve observando invitarate a entrar por café, darache pan quente, e veraste obrigado a quedar e escoitar. Pero non é unha historia ordinaria. Terás que soportar terremotos, raios, a morte de todos os que amas, a beleza máis cegadora. É unha historia tan fascinante que talvez nunca queiras irte; é así como te atrapa. Ves aquel dedo de pedra? É o único que unha vez logrou escapar.
Joy Harjo
Pintura de Juan Carlos Savater
Pintura de Juan Carlos Savater

.jpg)
Comentarios