O recuncho de Antonio Vidal

A miña Terra é un país de minifundios, povoado por xentes algo ricas e por xentes bastante probes ou probes de todo. Os probes comen o que teñen e se o teñen. Están desnutridos, pero endexamáis perden o apetito. Cando a súa terra non lle dá pra vivir collen un fato de roupa e vanse polo mundo, en procura de traballo. Son donos dun anaquiño de propiedade e viven escravizados polo fisco e asoballados polo cacique. Tamén van ó mar e arriscan a vida por un cacho de pan. Traballan de sol a sol ou de estrela a estela, porque ninguén lles paga o xornal que necesitan pra vivir e teñen que arrincalo, eles mesmos, da terra ou do mar.



Castelao (1886-1950)

Serie fotográfica de Antonio Vidal sobre un dos personaxes que percorrían as rúas de San Clodio nos anos cincuenta

Comentarios

Publicacións populares