Poeta, novelista, cantautor e eremita urbano, entre outras actividades e vidas, Leonard Cohen volta aos escenarios pola prosaica necesidade de diñeiro, o cal en parte se agradece para ver como entona e está aos seus largos 70 anos o autor de Suzanne, So Long Marianne, Bird on a wire, Sisters of mercy, The lady midnight ou Chelsea Hotel nº 2.
Eu sen desbotar a súas cancións, abogo tamén polo escritor nado en Montreal e recupero un dos seus poemas.
O resto é escoura
Atopámonos nun hotel
con moitas moedas para a radio
sorprendidos de haber sobrevivido como amantes
non o un do outro
pero aínda así amantes
con escandalosa esperanza e hábitos no oficio
que nos proporcionan un lixeiro embarazo
ao ilos facendo coñecidos
a caricia especial a perfecta palabra inflamatoria
a fame da que non falamos
Facemos o que só poden facer os amantes
convertemos en don unha necesidade
Ollando as nosas roupas
plegadas sobre a cadeira
observo que non seguimos xa a moda
e somos donos das nosas propias peles
Deus estou contento de que non esquezamos nada
e podamos amarnos o un ao outro
durante anos neste mundo
Flores para Hitler
Leonard Cohen (1934)
Comentarios