NUNCA VIN O BRILLO DO SOL
Nunca vin a mañá ata que quedei esperto toda a noite
Nunca vin o brillo do sol ata que apagaches a luz Nunca vin o meu país ata que estiven fóra demasiado tempo
Nunca oín a melodía ata que necesitei a canción
Nunca vin a raia da estrada ata que che deixei
Nunca souben que necesitábate ata que me metín nunha lea
Nunca dixen: "Ámote" ata que maldixen inutilmente
Nunca sentín as fibras do meu corazón ata que case toleei
Nunca vin a Costa Este ata que me fun ao Oeste
Nunca vin a luz da lúa ata que brillou desde o teu peito
Nunca vin o teu corazón ata que alguén tratou de roubalo
Nunca vin as túas bágoas ata que se deslizaron pola túa faciana.
The heart of Saturday night (1974)
Tom Waits
Tom Waits
Ilustración de © Napoleón
Comentarios