Carpinteiro (dous)
As táboas cómpre cortalas para lles da-lo longo preciso; este traballo faise, segundo o volume da peza, coa serra e o tronzador, dos que xa falamos, e para cortes máis pequenos ou de forma especial emprégase o serrón, o serrón de punta, o serrón de volta, o serrón de cota ou o serrucho.
Logo, lábrase a táboa, comezando por lle da-lo ancho que faga falla; se é moito o que lle sobra, sérrase, mais se é pouco desbástase coa machada e logo enderéitase coa garlopa arranxando a beira seguidamente co guillame e a xuntoira. Para táboas pequenas emprégase o galropín.
Os oficios
Xaquín Lorenzo
Fotografía de Sam Rock
Comentarios