Outros enfoques

Os concursos fotográficos son sen dúbida un viveiro de xente que comeza e tamén de veteráns aos que lles tira retratar todo o que se atope diante dos seus obxectivos. Un deses espazos de promoción é o aberto polo Concello de Salamanca que dacordo coa Biblioteca Pública Municipal organiza a convocatoria "El placer de leer" que desde 1992 vai deixando fotografías relacionadas coa lectura. Sobre un deses eventos, en concreto o do ano 1996, é dicir a terceira edición, recollín os tres primeiros premios. O primeiro, sen título, de Leonor Benito de la Lastra, a foto da pequena empericotada sobre as baldas; o segundo, tamén sen título, de Julián Velasco Gutiérrez, a imaxe do medio; e, o terceiro, "Estudio de luces" (a cor), de Juan Ruiz Lozano.

É de louvar a laboura consolidada desde fai anos que atrae a xente a captar mensaxes sobre o pracer da lectura mediante imaxes. E para rematar, tamén recoñezo o traballo a hora de expoñer e difundir dita convocatoria do concello salmantino, así pois recollo unha das citas que enchen o libro catálogo de "El placer de leer".

"...leer, releer mucho los libros de nuestra complacencia les confiere para nosotros un hálito sagrado, es decir intocable... Al releer conseguimos que siga sonando aquella música que un día nos sedujo, salvándonos del tedio, del miedo a nosotros mismos, de los imaginarios, copulaciones de la noche. Los libros cuya melodía se ha desvanecido se hunden en le sumidero del olvido que es el infierno".

María Zambrano


As verbas da filósofa cargadas de fondura filosófica veñen a poñer o acento a esas tres imaxes que me levan a un pasado non moi lonxano, sempre presente en nós, a nenez. Así, esas pequenas afanadas polos libros teñen diante un futuro no que de seguro serán máis levadeiras as penas e máis ledas as alegrías.



Comentarios

Publicacións populares