Postais galegas

Nesta ocasión recupero algunhas imaxes que teñen que ver co ourensán Candido Fernández Mazas (1902-1942), un home implicado coas vangardas artísticas dos anos vinte e a militancia política durante a II República, que o levaron a participar, entre outros plans, nas Misións Pedagóxicas. Pintor, caricaturista, articulista xornalístico, dramaturgo, novelista, foron algunhas das facianas dun intelectual pouco coñecido aínda da importante laboura desenvolvida polo seu irmán Armando (1909-1996), de quen teño un grato recordo polas conversas mantidas na vella Auria sobre os tempos que á cidade lle chamaban a Atenas de Galicia.


O primeiro cadro leva o título de Mozuela, óleo, datado en París en 1927, e na actualidade na Deputación de Ourense.

O segundo é un debuxo aparecido na Revista Nós (1922). Tamén aparece un debuxo feminino da etapa parisina de Cándido, entre 1925-1927. Ademáis engado as portadas de dúas obras de teatro que foron recuperadas polo seu irmán Armando en Ediciones Andoriña.

Na fotografía aparece Cándido, primeiro pola dereita cun xornal nas mans, xunto aos futbolistas Pinilla, Sampayo e Choco (Armando Fernández Mazas).


Comentarios

Publicacións populares