Postais galegas

Co gallo da proximidade do Día das Letras Galegas, dedicado a Uxío Novoneyra, ven a este espazo a faciana de escritor para nenos de cinco a cen anos que abríu con O cubil do xabarín e seguíu con Gorgorín e Cabezón e rematou con Ilda, o lobo,o corzo e o xabarín, todas editadas na coleción ala delta de Edelvives. Os debuxantes que ilustraron as historias, a maioría ambientadas no Courel, foron Quintana Martelo, Vázquez e Manuel Uhía.

"Ilda vivía entre os tesos, nun torrepenelo. Unha torre ergueita sobor dunha gran rocha no cabo do mundo...."



Comentarios

Publicacións populares