Agua perdida

Agua mui devagar, case parada,
que unha mañá, acordando, foche abrigo
e consolo en terra magoada
de quen nasceu para correr contigo.

desperta esa febre que persigo
na névoa dunhas maos ensarillada;
ou, indo a ti, devolve-me o castigo:
sede a ferver en freixa encadeada.

Ou dos labios que rezan para os prados
o alento verta, aquel que arremoiña
sombras apenas sobre ti a distancia

de xestos, brillos, corpos decepados.
Agua ou lua nun vértice de espiña,
pele abrindo un pomar ao pé da infancia.



Lembranzas do areal
Xavier R. Baixeras



Fotografías de © Roque Soto









Comentarios

Publicacións populares