Retorno de Ulises

Pende en que pende Penélope pensativa
perdo novelo nove novamente canto.
Este rostro que ás augas envexando
como sorrí tecendo cando o vento:
ás augas como sorrí envexa que tecendo
ese rosto en que pende que amañeza.
Cando o vento o novelo novelovento leva,
—os longos dedos que nasceron frautas
na boca de Ulises, cando namorado.
Digo que os longos dedos non resisten,
os pós do vento que nas oliveiras,
os longos dedos que solprendidos dicen
novelovento, novelo nove pido,
o meu corazón tecendo mar e soño
baixo esa ponte de ignorados ríos.

¡Ouh Venus! ¿ónde camiña o fío revoando
que as miñas brancas pernas amorosas,,
ónde os muiños, onde o vento xira,
cances por onde o vento pasa, pisa?

Dígoche Venus por cómaros, valados,
rocas, camiños, pontes, asubíos,
ese fío é un rosto que sorrí tecido:
lembrándome agora estou que no novelo
nove os beizos cando se pregan falan.
¿Solamente dicen que cándo ven a sede
polas celestes pontes desas illas?


Herba aqui ou acolá
Álvaro Cunqueiro



Fotografía de Roque Soto


Comentarios

Publicacións populares